Deseñando a escola: Sacando a ciencia do aula Inspire article

Traducido por Jorge J. Pérez-Maceira. Como pode a arquitectura dunha escola influenciar o que se ensina? Allan Andersen, xefe de estudos (N.T.: a tradución literal: Xefe de Profesores) do Ørestad Gymnasium de Copenhagen, cóntallo a Adam Adam Gristwood e Eleanor Hayes.

O festival internacional
“Sience onStag e” fixo un bo
uso dos espazos abertos do
Ørestade Gymnasium en
2011

Imaxen cortesía de Peter
Junker, Gesamtmetall

Dar un paseo ao redor do impresionante Ørestade Gymnasiumw1 (escola de secundaria) en Copenhague , Dinamarca, e a escola pódeche parecer bastante inusual. Cando sobes a escaleira de madeira en espiral que conecta as diferentes partes da escola, ves dende arriba aos estudantes descansando en sillóns de cor laranxa discutindo os deberes nas especializadas “zonas de aprendizaxe”.

Pode atopar a un grupo de estudantes filmando o seu último proxecto de comunicación, ou unha clase de ciencias diseccionando ras nun espazo de traballo aberto. Ten poucas aulas tradicionais e certamente non existe a oficina do xefe de estudos.

“O deseño do edificio anima aos profesores para organizar leccións que impliquen máis aos estudantes,” explica Allan Anderson, xefe de estudos da escola, “A idea é que os profesores falen moito menos e, con sorte, os estudantes traballen moito máis, con traballo máis activo, máis comunicación e máis intercambio de coñecementos.”

Os espazos abertos do
Ørestade Gymnasium
proporcionan moitas
oportunidades para que os
profesores intercambien
ideas no festival
internacional “Scienge on
Stage” en 2011

Imaxen cortesía de Peter
Junker, Gesamtmetall

Nos catro anos desde a conclusión do edificio, a escola (cuxos estudantes están entre os 16-19 anos) converteuse na máis popular en Dinamarca. O seu concepto abraza un tema que pasa por cada clase, desde os medios de comunicación, a comunicación e a cultura (o perfil da escola) ata as linguas, as matemáticas e a ciencia – que é asunto do deseño físico do edificio. E é unha fórmula que está funcionando.

“Quizais os estudantes non aprenden máis en termos de contido tradicional, pero aprenden sobre cooperación, expresándose e traballando coa tecnoloxía,” di Allan. “Por exemplo, debido á nosa presenza nos medios de comunicación, os profesores intentan ensinar ciencia dun xeito diferente. Utilizan moitos vídeos e laboratorios virtuais. No canto dos tradicionais cadernos experimentais, os estudantes poderían crear un podcast ou desenvolver unha campaña publicitaria que traballando xunto coas organizacións ou industrias locais. Moitos dos estudantes que teñen dificultades escribindo sobre a ciencia atopan máis fácil falar sobre ela. A escola só leva funcionando catro anos, aínda que non podo probalo, creo que os noso estudantes déixana con competencias que non obteñen na mesma cantidade na outras escolas.”

O ensino aproveita os espazos de traballo innovadores que poden ser adaptados segundo as necesidades da lección, o cal pode ter beneficios particulares nas clases de ciencias. “Ao contar cunha escola que está construída para permitir aos estudantes traballar pola súa conta, podes afastarte do ensino da ciencia que ven os profesores que demostran os mesmos experimentos que utilizaron durante 30 anos, e no seu lugar facer que a ciencia sexa máis estimulante e práctica,” di Allan.

Igualmente importante son as interaccións entre profesores e estudantes nos grandes espazos centrais, máis que nos estreitos corredores, e a través deste énfases na interdisciplinaridade e a personalización, a escola déuselle un corazón onde as interaccións sociais convertéronse nunha parte crave da educación.

“A idea é que profesores e alumnos teñen que ter interaccións que se separen das de autoridade cara á dos seus colegas,” explica Allan. “Cando saben que hai profesores ao redor que poden axudarlles co seu traballo, os estudantes poden desenvolver responsabilidade cara á súa propia aprendizaxe.”

Hai plans para construír un espazo máis privado para que os profesores “recarguen”, pero o obxectivo xeral dunha visión nova do contido, a temática, a organización e a aprendizaxe mantense sen cambios. “A escola converteuse en algo así como un icono”, explica Allan. “Nun día escolar, é unha experiencia moi emocionante simplemente camiñar e ver todo o que está sucedendo ao redor. Nunha escola normal todo o que sucede é a porta pechadas, pero aquí pódese ver todo.”

En abril 2011, o Ørestade Gymnasium acolleu o festival internacional do ensino “Science on Stage” (N.T.: Ciencia en Acción para España), a rede para profesores de ciencia europea (Hayes, 2011). A espectacular arquitectura da escola proporcionou un perfecto pano para os desexosos intercambios de ideas entre 350 dos mellores profesores de Europa.

En abril 2013, o seguinte festival internacional “Science onStage ” terá lugar en Słubice-Frankfurt (Oder) na fronteira polaco-alemá, con profesores de 27 países compartindo as súas ideas de ensino máis innovadoras en talleres, en actuacións no escenario e a feira do ensino. Cada país será representado por unha delegación de profesores seleccionado nun evento nacional.

A participación é gratis para os delegados. Para ser considerado para a vosa delegación nacional, debes contactar cos vosos organizadores nacionais agora, cando os acontecementos de selección xa están empezando nalgúns países. Tamén haberá un número limitado de sitios para non-delegados, aos que se lles cobrará un custo de inscrición. Ver a páxina “Science on Stage Europe”w2 para máis detalles.

Download

Download this article as a PDF

References

Web References

Resources

Institution

Science on Stage

Author(s)

Adam Gristwood estudou política e filosofía na Universidade de York, Reino Unido, antes de traballar en acontecementos e publicacións, enfocados na educación, sobre goberno local, política e ciencia. Dende 2009, é un funcionario de comunicacións no “European Molecular Biology Laboratory” (Laboratorio Europeo de Biología Molecular).

Dra Eleanor Hayes é a editor en xefe de Science in School. Estudou zooloxía na Universidade de Oxford, Reino Unido, e completo o seu doctorado en ecoloxía de insectos. Logo paso algún tempo traballando na administración universitaria antes de mudarse a Alemania e ao mundo editorial científico en 2001. En 2005, trasladouse ao “European Molecular Biology Laboratory” (Laboratorio Europeo de Bioloxía Molecular) para lanzar Science in School.




License

CC-BY-NC-ND